Lendo o interesante Vida e obra de Xosé María Díaz Castro de Armando Requeixo, atopamos un dato que nos chamou moitísimo a atención:
“…Díaz Castro cultivou tamén unha outra vea literaria de moi diferente xorne: a escrita de prosas humorísticas breves. Así, entre o 24 de abril de 1944 e o 15 de outobro de 1945 publicou na sección “Anecdotario humorístico ” de La Hoja del Lunes de La Coruña mais de vinte colaboracións asinadas baixo diferentes pseudónimos que popularizaron a personaxe de Antón do Foxo …”
Buscando na Biblioteca Virtual de Prensa Histórica , accedemos a algunha destas colaboracións que aportamos coma curiosidade :