Díaz Castro, a “Escolma de Poesía Galega” e unha carta a Fernández del Riego

escolma

Exemplares na BUSC de “Escolma de Poesía Galega”, “Xosé María Díaz Castro: nimbos de luz na insua dos poetas”, Facsímil da revista “Alba” co artigo sobre a “Escolma…” e carta de Díaz Castro a Fernández del Riego de 1959.

Vemos de adquirir na biblioteca o volume Xosé María Díaz Castro: nimbos de luz na Insua dos poetasNel reprodúcense as cubertas das edicións das súas obras, poemas escritos por diferentes autores coma homenaxe e, tamén, algunha  carta mecanografada e corrixida a man polo autor de Guitiriz. Pareceunos especialmente interesante unha delas, da que reproducimos uns fragmentos a continuación. Nesta carta, con data 14 de maio de 1959 e cuxo correspondente é Francisco Fernández del Riego, Díaz Castro  agradece o interese pola súa poesía e o convite a enviar orixinais para un libro:

Su insistencia en que le envíe material para un libro, lejos de molestarme, es para mí un inmerecido homenaje (…). Últimamente he recibido de Ramón Piñeiro el mismo ruego que V. me había hecho de enviar algo para “.  (…). El caso real es que desde los tiempos de”Alba”, no he escrito ni una línea y el orignal de que disponía no era suficiente para la extensión de un libro normal. No me ha sido posible escribir nada, ni aún como mero pasatiempo(…) De acuerdo con la sugerencia de Ramón Piñeiro, mi libro se publicaría después de una serie de tres de otros autores, de modo que si, para esa fecha, no tuviese preparado el original suficiente, prescindiría de la selección y enviaría todo el material disponible y algunos poemas nuevos (…)

A V. lo mismo que a Piñeiro, Carballo-Calero, Celso Emilio y tantos otros que me estimulan y alientan quiero agradecerles profundamente sus juicios favorables y su simpatía. Y no quiero defraudarlos”

 

Nesta carta na que Díaz Castro alude á futura publicación de Nimbos, prezamos tamén o valor que outorgaban á súa poesía os autores que  cita e o agradecemento que el amosa.

Previamente, Díaz Castro Xa aparecera representado na imprescindible Escolma de Poesía Galega (1955) no volume “Os contemporáneos”, dirixida por Fernández del Riego. Nesta obra colectiva aparecen diferentes poemas que, coma indica Ramón González-Alegre na presentación que fai nesta antoloxía do noso poeta, ” corresponden de 1 a 5 a un libro inédito”.  Serían os poemas “Vísperas”, “Terra rebada”, “Con este alento”, “Monumento a ausencia” e  “Intre de beizos”. Os poemas “Penélope” e “A cerna” publicáranse en revistas con anterioridade.  Incidindo un pouco mais na importancia da Escolma, gustaríanos citar o artigo que tamén Ramón González Alegre adica a esta importante obra no número 16 da revista Alba, fogar tamén no que publicou poemas Díaz Castro. No artigo titulado “La Escolma de Poesía Gallega” de Francisco Fernández del Riego, faise unha exposición do carácter e importancia desta obra, dos criterios de selección e inclusión de autores, e mesmo rebatindo algunhas críticas que recibira no momento da súa publicación.

Como podedes ver, tiramos dun fío dunha carta, pasamos por unha escolma, chegamos á crítica da mesma…e todo tédelo nos fondos da BUSC.

 

Nota: Vemos de engadir unha pestana na cabeceira do blog na que iremos anotando os poemas adicados a Díaz Castro por outros poetas.