Cronoloxía de Díaz Castro

1914 Nace en Guitiriz, Lugo o 19 de febreiro

1929 Ingresa no Seminario de Mondoñedo onde coñece a José Trapero Pardo, Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé Díaz Jácome. Nestes anos inicia o seu interese polas linguas e dirixe unha revista escolar

1931 Publica o seu primeiro texto en galego no xornal El Progreso Villalbés

1936 Marcha de Mondoñedo a cumprir o servizo militar manexándose con fluidez en galego, castelán, latín e francés e, en menor medida en inglés e alemán

1939 Pasados os anos da guerra civil, que cumpre na retagarda no Hospital militar de Pontevedra, sae do Seminario para, durante sete anos, exercer como profesor de ensinanza media no Colexio León XIII que dirixía Iglesia Alvariño en Vilagarcía de Arousa. Aproveita para estudar a fondo inglés e alemán.

1946 Obtén os primeiros premios de poesía galega e castelán nos xogos florais organizados en Betanzos o 19 de agosto cun “tríptico á groria betanceira”.

1947 Abandona Vilagarcía e pasa uns meses nos Vilares. Mentres decide o seu futuro profesional e prepara oposicións , o seu amigo dende o Seminario, Xavier Armada, fornéceo de dicionarios e gramáticas do húngaro e doutras linguas. Neste tempo publica poemas en La Noche e un “Anecdotario Humorístico” protagonizado por “Antón do Foxo” e firmado co pseudónimo de “Castelo” en La Hoja del Lunes da Coruña.

1948 Logo de licenciarse en Filosofía e Letras en Salamanca, trasládase a Madrid onde alterna a docencia como profesor de linguas clásicas e modernas (francés, inglés e alemán) en tres academias, co seu labor de tradutor no Ministerio de Gobernación (funcionario por oposición) e en varias editoriais.

1950 Na revista Alba, publica ao longo dos anos cincuenta sete poemas entre eles o que acadará mais sona  sendo varias veces editado e traducido: Penélope (Alba, nº 4).

1952 Presta os seus servizos no Instituto de Cultura Hispánica e máis tarde no Instituto del Frio do Consejo Superior de Investigaciones Científicas ca categoría de Titulado Técnico Especializado. Nesta etapa estuda italiano, danés, holandés, portugués, sueco, noruegués… e tamén ruso, finés e ucraíno.

1954 Casa con María Teresa Zubizarreta Bengoechea coa que terá tres fillos.

1955 Aparece o tomo IV: Os Contemporáneos,  de Escolma de poesía galega de Francisco Fernández del Riego (Galaxia) na que aparecen sete textos seus algúns deles inéditos.

1959 A revista Insula dedica un número dobre (152-153) á realidade literaria e artística de Galicia que inclúe un poema representativo de cada autor, Díaz Castro está presente con  “Monumento á ausencia”

1961 Animado por amigos e colegas, publica na editorial Galaxia,  Nimbos, que agrupa en sete epígrafes 32 poemas, algúns deles xa publicados anteriormente en Alba e Escolma de poesía galega.

1966 Deixa o seu posto no Instituto de Cultura Hispánica como encargado de servizos de tradución para os idiomas: francés, inglés, alemán, italiano, portugués, holandés e linguas escandinavas e pasa a traballar para o Consejo Superior de Investigaciones Científicas de Madrid como encargado de traducións do Patronato de Investigación Científica y Técnica Juan de la Cierva.

1968 Acada o diploma de Tradutor de lingua inglesa  (posteriormente tamén de alemá) na Escuela de Idiomas Modernos da Facultad de Filosofía y Letras de la Universidad de Madrid.  Aparece traducido ao francés o seu poema Penélope na antoloxía Terre d’Espagne de Jean-François Pechère editada por La Renaissance du Livre en Bruxelas.

1973 E nomeado “correspondente” da Real Academia Galega na sesión do 4 de novembro de 1973, xa que non podía ser numerario por vivir en Madrid

1984 Xa xubilado, regresa a Galicia participando con frecuencia en distintos actos culturais e sobre todo nos organizados pola asociación Xérmolos de Guitiriz. Tamén publica algúns poemas en revistas poéticas como Dorna

1988 Editase Homenaxe a Xosé María Díaz Castro, ca colaboración dos intelectuais que mellor coñecen a súa obra. Tamén se edita o vídeo Xosé María Díaz Castro. Nimbos de poesía sobre a vida e a obra do poeta.

1990 Falece en Lugo o 2 de outubro. Foi soterrado no cemiterio de Guitiriz.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s