A próxima data das Letras Galegas fai que se multipliquen nos últimos días as homenaxes ao poeta de Guitiriz. Na BUSC estamos a recibir moitos volumes, mesmo algúns editando poesía inédita, dos que pasaremos a falar. Pero primeiro queremos aludir a algunhas iniciativas que atopamos na rede e que nos pareceron fermosas, orixinais e especialmente interesantes Gustounos moito esta banda deseñada realizada por Xavier Varela e que podedes ver en liña.
Tamén atopamos nestes días, esta fermosa animación, Nimbos e esmeralda, microespazos animados na páxina de Cultura Galega da Xunta.
Impresionante é o traballo que desenvolven no IES Poeta Díaz Castro. Deixamos a ligazón ao seu proxecto totalmente interdisciplinar A lus do mundo que inclúe un documental, karaoke, unidades didácticas…e esta canción gravada polas rapazas e polos rapaces do centro e que a nós atrapounos:
E pola nosa parte, queremos , no día anterior a celebración das Letras do país, amosaros, nunha fotografía conxunta as últimas cousas que vemos de recibir na BUSC:
A edición da Poesía galega completa a cargo de Armando Requeixo editada por Galaxia. A imprescindible e novedosa edición de Sombras radiantes y otros poemas a cargo de Luís González Tosar e Armando Requeixo e que reúne a poesía en castelán de Díaz Castro. Esta obra editouse en Madrid pola editorial Eneida. E, por último, a edición de Nimbos a cargo de González Tosar e editada por Galaxia neste 2014